
Convocatoria dunha concentración para o xoves, 20 de agosto, ás 20 horas no Obelisco (Cantón Grande da Coruña), baixo o lema NON QUEREMOS MONARQUÍA. QUE DEVOLVAN O ROUBADO.
Moción que presenta GALIZA
POLA REPÚBLICA E POLO DEREITO A DECIDIR a todos os grupos municipais
para o Pleno de setembro de 2020 sobre as actuacións da monarquía e do
rei Juan Carlos I e a consulta popular sobre a forma de Estado.
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
A
saída do rei Juan Carlos I do palacio da Zarzuela o 2 de agosto de 2020
e a súa posterior fuxida, nese momento sen destino coñecido, non é un
tema persoal, senón que afecta á propia democracia e á xefatura do
Estado. É tamén un indicativo do escurantismo da Casa Real desde hai
máis de corenta anos.
Antecedentes
É
evidente que o rei Juan Carlos tivo unha vida persoal pouco exemplar,
que estivo implicado en dubidosas operacións financeiras e que algúns
dos seus “amigos” acabaron xulgados ou no cárcere. Foron pouco
difundidas a súa implicación nas comisións de Kio, compra de petróleo a
países árabes (declaracións do propio conselleiro delegado de CAMPSA),
venda do Banco Zaragozano a Barclays etc. Informativamente, a monarquía
estivo blindada e non houbo un control da mesma, como institución, por
parte dos medios de comunicación, dando lugar a unha auténtica
impunidade, como sinalaba o xornalista Iñaki Gabilondo: “Evidentemente
se produjo una complicidad con la Jefatura del Estado que terminó
proporcionando una impunidad que no fue una buena idea, aunque en su
momento formaba parte de la acción ahormada de todos para sacar aquello
adelante. Se aceptó de hecho que la Jefatura del Estado abanderaba la
idea de la nueva realidad democrática y todo el mundo seguía una estela
de mantener la armonía y no ponerlo en cuestión. A toro pasado aquello
constituyó un fallo de la acción periodística mínima del control de las
instituciones”.
Os discursos do rei Juan Carlos I e de Felipe VI
O
rei Juan Carlos lembraba nos seus discursos de Nadal algunhas liñas de
actuación que deberían seguir os cargos públicos: «Sigamos trabajando
para que la honradez sea regla de conducta inexcusable » (2009).
«Fomentar el ejercicio de grandes valores y virtudes como la honradez »
(2010). «La ley es igual para todos y la ejemplaridad debe ser una meta
para los cargos públicos » (2011).
Cando se coñecen as fundacións
promovidas por Juan Carlos desde 2008 no estranxeiro para ocultar a súa
fortuna e o ingreso en bancos de millóns de euros, a indignación foi
xeneralizada e o mesmo presidente de Cantabria, Miguel Ángel Revilla,
manifestaba: «Los españoles hemos sido engañados con el Rey Emérito, y
yo el primero».
Por outra parte, Felipe VI manifestaba na súa
proclamación como rei en xuño de 2014: «La Corona debe observar una
conducta íntegra, honesta y transparente».
Transparencia e comportamento ético
A
cidadanía, así como numerosas organizacións e tamén significados
políticos reclaman transparencia e comportamento ético. Odón Elorza,
deputado no Congreso, membro da Executiva do PSOE, ex-alcalde de San
Sebastián e Secretario de Transparencia e Democracia Participativa do
PSOE, manifestaba: «El Rey Felipe debería comprometerse a declarar con
transparencia -él y la Familia Real- sus bienes y patrimonio». Izquierda
Socialista, corrente interna do PSOE, dicía despois de anunciarse a
marcha do rei Juan Carlos: «Las informaciones a modo de explicaciones»
dadas desde a Casa Real sobre Juan Carlos I son «insuficientes «; a lei
de Transparencia «debería hacerse extensiva a todas las instituciones «;
«El principio de inviolabilidad «no puede ser usado como salvoconducto
para conductas poco éticas. La cruda realidad impide poder abstraerse de
los hechos que afectan al anterior jefe del Estado»; e cando coñecemos
que Juan Carlos non tributou polas contas no exterior, manifestaba:
«Cualquier ciudadano sin excepción debe tributar a las arcas públicas en
función de sus rentas y riqueza personal, máxime cuando, como en este
caso, van unidas la necesaria transparencia y la obligada ejemplaridad».
Hai outras opinións como as de Xuventudes Socialistas de Cataluña: «Que
devuelva todo lo que ha robado».
A presunción de inocencia e os feitos probados e recoñecidos por Felipe VI
O
rei Juan Carlos, como toda a cidadanía, ten dereito á presunción de
inocencia, pero este non é o tema a debate neste pleno. Respectando a
presunción de inocencia o rei Felipe VI retiraba a súa irmá, a infanta
Cristina, o título de Duquesa de Palma polo comportamento pouco
exemplar. O Pleno de Barcelona de 1 de abril de 2016 aprobaba por
unanimidade, tamén co voto do PSC, PP E Cs, retirar todos os honores e a
Medalla de Ouro da cidade á infanta Cristina. E, respectando a
presunción de inocencia, o pleno de Palma retiraba por unanimidade o
nome de Rambla dos Duques de Palma o 8 de febreiro de 2013, despois do
seu procesamento por delito fiscal no caso Nóos, antes de celebrarse o
xuízo e ditar sentencia.
Por outra parte, non estamos a falar de
«supostas» ou «presuntas» irregularidades ou ilegalidades cometidas polo
rei Juan Carlos I, senón de feitos probados ou constatados. ´É un feito
probado que o rei Juan Carlos creou unha estrutura opaca en 2008, a
través da Fundación Lucum en Panamá para operar desde unha conta nun
banco suízo. É un feito constatado que recibiu nesa conta 64,8 millóns
de euros, que procedían de Arabia Saudí e non se sabe en que concepto. É
un feito probado que o rei Juan Carlos entregou persoalmente en Xenebra
un maletín con 1,9 millóns de dólares ao xestor da súa fortuna, Arturo
Fasana, detido en 2009 no caso Gürtel, para que o ingresase no banco
suízo Mirabaud, segundo declaracións de Fasana en outubro de 2018,
perante o fiscal suízo. É un feito probado que Felipe VI tivo
coñecemento da existencia de Lucum (caramelo en turco) desde marzo de
2019; que el mesmo figuraba como segundo beneficiario da mesma e que non
informou destes feitos nin a Axencia Tributaria, nin a cidadanía.
É
un feito probado que Felipe VI figuraba tamén como terceiro
beneficiario da Fundación Zagatka, con sede en Luxemburgo, propiedade de
Álvaro de Orleans-Borbon, primo do rei Juan Carlos, desde a que pagaba,
entre outros gastos, as viaxes do rei Juan Carlos en avións privados.
Ante
estes feitos, que o propio Felipe VI recoñecía o 16 de marzo de 2020,
despois da súa publicación en The Telegraph, este anunciaba que
renunciaba a herdanza que lle correspondería -sabendo que non tiña
ningún efecto práctico até o falecemento do rei Juan Carlos- e que
retiraba o seu pai 195.000 euros anuais que recibía do orzamento da Casa
Real. Todo isto está investigado polo fiscal suízo Yves Bertossa.
A
propia Axencia Tributaria informaba destes feitos na causa que instruía
o xuíz Diego de Egea e que agora, despois do sobresemento provisional,
está nas mans do xuiz Manuel García Castejón, da Audiencia Nacional.
Así, cando De Egea solicitaba información da Oficina Nacional de
Investigación del Fraude (ONIF) da Axencia Tributaria o 4 de setembro de
2018, esta respondía ao día seguinte: «Juan Carlos de Borbón no ha
presentado declaración informativa sobre bienes y derechos situados en
el extranjero (Modelo 720). E engadía: «Tampoco hay constancia de que el
Rey Emérito poseyera cuentas en el extranjero». É un feito probado que o
rei Juan Carlos nunca cumprimentou a declaración especial do Modelo
720, obrigatorio desde 2013 para evitar o fraude tributario.
O dereito dos pobos a decidir a forma de Estado
Galiza
pola República e polo Dereito a Decidir dicía no seu manifesto -lido o
23 de xullo de 2019 nunha concentración no Obelisco da Coruña-,
coincidindo co 50° aniversario da designación de Juan Carlos Borbón polo
ditador Franco («para que todo quede atado y bien atado para el
futuro») como o seu sucesor na xefatura do Estado: “A monarquía é
incompatíbel cun sistema democrático; é un réxime vitalicio e
hereditario, que non ten en conta a vontade popular porque o rei, como
xefe do Estado, non é elixido polo pobo nunhas eleccións democráticas.
Estamos a prol da ruptura democrática e queremos decidir sobre o noso
futuro. Partindo da existencia dunha realidade plurinacional, estamos
por procesos constituíntes nas nacións do Estado, para que a cidadanía
poida decidir sobre o modelo político-institucional territorial e
escoller a forma do Estado”.
Este principio democrático, que o pobo decida, era tamén recollido dentro dos 10 puntos estratéxicos de Izquierda Socialista, que facían público o 17 de decembro de 2014. «Por la apertura de un proceso constituyente que renueve el pacto constitucional», titulaban o punto 6: «Necesarias reformas para que nuestro Estado social y democrático de derecho lo sea con el reconocimiento de la consulta y el derecho a decidir de los pueblos, permita la libre federación entre ellos en un Estado federal plurinacional y Republicano «.
No Congreso do PSOE de xuño de 2017
as Xuventudes Socialistas presentaban esta proposta: «Avanzar e
implantar a República como modelo de Estado mediante unha reforma
constitucional e a convocatoria dun referendo». Para Camino Orejas,
secretaria federal ode Xustiza e Memoria Histórica, «no se puede
mantener una institución con raíces medievales, machistas y que otorga
privilegios simplemente por razón de nacimiento». As Xuventudes de
Galiza aseguraban o 14 de abril de 2018: «A xefatura do Estado debe ser
elixida libremente e en democracia por toda a cidadanía». As Xuventudes
Socialistas de Cataluña pronunciábanse por avanzar cara a «un modelo de
país basado en una república federal democrática y social». E as
Xuventudes Socialistas de Barakaldo difundían esta mensaxe: «Lo tenemos
claro, ahora y siempre, ¡República!». Para Kevin Lucero, secretario
xeneral das Xuventudes Socialistas de Navarra, «La Jefatura del Estado
debe ser una institución elegida por todos los españolas y españoles en
unas elecciones y no un título heredado por tener un apellido» (14 de
abril de 2020).
Sabemos hoxe por que non se convocou un referendo
sobre monarquía ou república despois da morte de Franco. Explicábao así o
presidente Adolfo Suárez nunha entrevista da xornalista Victoria Prego
en 1995 para Antena 3, que foi secuestrada durante máis de 20 anos e
emitida en novembro de 2016: «La mayor parte de los jefes de Gobierno de
Europa me pedían un referéndum sobre monarquía o república». «Hacíamos
encuestas y perdíamos». «Entonces yo metí la palabra rey y la palabra
monarquía en la ley [Lei para a Reforma Política de 1977]. Y así dije
que había sido sometida a referéndum ya». Victoria Prego coincidía con
Adolfo Suárez: «Un referéndum sobre monarquía o república se hubiera
perdido». Hoxe, 45 años despois da morte de Franco, continúa o mesmo
discurso oficial: non hai que consultar nada porque o pobo xa se
pronunciou a favor da monarquía cuando se aproba a Constitución.
Continúa o escurantismo e o veto e nin o CIS inclúe desde hai varios
anos preguntas sobre valoración do rei Juan Carlos, celebración dun
referendo ou preferencia sobre monarquía ou república.
O proceso de retirada de rúas e distincións ao rei Juan Carlos I
Sobre
a retirada de distincións ao rei Juan Carlos houbo xa numerosos
pronunciamentos. Obdón Elorza manifestaba que «el Rey Felipe deberia
pedir al Gobierno que retire el título vitalicio de Rey Emérito a su
padre Juan Carlos I». As Xuventudes Socialistas de Cataluña tamén
demandaban que se retire a Juan Carlos ese título. A retirada de rúas e
distincións ao rei Juan Carlos é un proceso que só está nos inicios.
Barcelona
retiraba en setembro de 2015 o busto de Juan Carlos do salón de plenos e
cambiaba a praza Joan Carles I en abril de 2017. Valencia (Goberno
Compromís, PSOE) cambiaba en marzo de 2017 a dársena Marina Real Juan
Carlos I por Marina de Valencia.
Baleares. O
Goberno (PSOE, MES e IU), que presidía o PSOE, aprobaba o 30 de xullo de
2018 unha proposición non de lei esixindo a convocatoria dun referendo
para elixir entre Monarquía ou República; pedía tamén a apertura dunha
Comisión de investigación no Congreso sobre Juan Carlos I e reclamaba á
Casa Real, que renuncie a usar o palacio de Marivent.
Navarra.
Goberno da Comunidade Foral presidido pola socialista María Chivite,
retiraba o retrato do rei Juan Carlos da Sala de Goberno en xuño de
2020.
Pinto. Acordaba retirar o nome de Juan
Carlos I ao parque máis grande do municipio, así como o busto do rei na
entrada do parque: «Alguien que no es capaz de tener una conducta
intachable no debe recibir homenaje público «. O alcalde, Diego Ortiz
(PSOE) lembraba que o pleno de Pinto xa aprobara retirar o nome de
Infanta Cristina á actual Casa de la Cadena «cuando salió absuelta y ni
siquiera se había producido el juicio; y no se cuestionó su presunción
de inocencia:».
Vitoria. O Goberno (PNV-PSOE)
cambiaba a avenida Juan Carlos I por 8 de marzo por falta de
«ejemplaridad» e para «preservar los valores que deben representar
aquellas personas que cuentan con una calle en la ciudad». Para o
alcalde Gorka Urtaran é unha cuestión de «decencia política e social».
Xixón.
Goberno de PSOE, que ten a alcaldía, e IU, cambiaba a avenida Juan
Carlos I porque «ya no representa los valores institucionales, morales y
democráticos de la sociedad», segundo María Pineda, portavoz municipal.
Getxo.
Goberno de PNV, PSOE e Elkarrekin Podemos), retiraba o busto do rei
Juan Carlos do salón de actos do concello o 25 de xuño de 2020 porque
«no merece estar en un lugar tan honorífico e simbólico».
Gobernos municipais adiantaban iniciativas para os próximos meses. A alcaldesa de Tortosa (JxCat) que retirarán a Juan Carlos I a Medalla de Oro. O alcalde de Cádiz (Adelante Cádiz) que cambiarán a avenida Juan Carlos I por avenida de la Sanidad Pública. O alcalde de Rivas Vaciamadrid
(IU) anunciaba que cambiarán a avenida Juan Carlos I por Profesionales
de la Sanidad Pública: «Rivas prefiere reconocer a quienes nos cuidan
que a quienes nos roban».
Hai iniciativas noutros concellos. En
Barcelona para retirar a Juan Carlos I a Medalla de Ouro da cidade. En
Pontevedra a asociación A Pedra de Froján, de Lourizán, cualifica a
monarquía como «corrupta, decrépita e restaurada por Franco», e pedía a
retirada da avenida Juan Carlos I «por dignidade e por unha elemental
hixiene democrática». Presentáronse tamén propostas en Vigo, Santiago,
Ferrol, Sanxenxo, Vila de Cruces, Vilagarcía de Arousa…
É evidente
que, a pesar dos seus discursos, a actuación do rei Juan Carlos I non é
exemplar, nin honrada, nin legal, nin transparente. Por iso presentamos
os seguintes
ACORDOS
1.-
Instar a Juan Carlos Borbón a que devolva ao patrimonio do Estado as
partidas económicas que recibiu con cargo ao Orzamento da Casa do Rei
desde 2008, que se ten coñecemento da constitución da Fundación Lucum e
da apertura de contas opacas no exterior.
2.- Instar ao Goberno a que se constitúa unha Comisión que investigue sobre os ingresos do rei Juan Carlos en concepto de comisións e outras actividades económicas durante todo o seu reinado; sobre os bens e patrimonio de todos os membros da Familia Real, así como das contas nos bancos. E que se reingrese nas arcas públicas todo o patrimonio conseguido ilegalmente.
3.- Instar ao Goberno a que tome medidas para a derrogación do delito de inxurias á Coroa do Código Penal, utilizado para restrinxir a liberdade de expresión. Anulación dos procesos abertos por presuntos delitos de inxurias á Coroa e liberdade dos detidos e presos.
4.- Instar ao Goberno a que retire a Juan Carlos Borbón, por Decreto, o título de Rei.
5.- Instar ao Goberno a que dea unha explicación sobre a súa participación na organización da fuxida do rei Juan Carlos I o 2 de agosto, se houbo un gasto público na organización da viaxe (avión, escolta etc) e que no futuro non teña ningún tipo de partida pública para a súa actividades privada.
6.- Instar ao Goberno para que o CIS inclúa nos seus traballos de investigación unha valoración sobre a monarquía, actuacións dos reis Juan Carlos e Felipe e preferencia sobre monarquía ou república.
7.- Instar a todas as administracións e, nomeadamente, ao goberno municipal para que, dentro dos traballos que está a desenvolver a Comisión Municipal de Memoria Histórica e Democrática, se inclúa a retirada ao rei Juan Carlos I da Medalla de Bronce da Coruña (1976), retratos, placas, baixorrelevos e calquera tipo de honra ou distinción.
8.- Instar ao Goberno a que inicie os procesos necesarios para que se consulte á cidadanía sobre a forma de Estado: monarquía ou república.
9.- Trasladar estes acordos ao Presidente da Xunta, Presidente do Goberno e Presidentas do Congreso e Senado.
Convocatoria
dunha concentración para o xoves, 20 de agosto, ás 20 horas no Obelisco
(Cantón Grande da Coruña), baixo o lema NON QUEREMOS MONARQUÍA. QUE
DEVOLVAN O ROUBADO.
* Galiza pola República e polo dereito a decidir está integrada polas seguintes entidades da comarca da Coruña:
A.C. Alexandre Bóveda, A.C. O Facho, A.C. Irmáns Suárez Picallo, C.S.
Gomes Gaioso, Cultura Aberta de Carral, C.S. A Comuna, Acción
Antifascista, Anova, BNG, Corrente Vermella, En Marea, Equo, Esquerda
Unida, PCG, Podemos, Propolis, Unión Republicana, Galiza Nova, Isca,
XCG, Marea Atlántica, Vangarda Obreira, CIG, Compromiso por Galicia,
CRMH.
Nota: Pendente convocatoria dunha
reunión en Santiago na primeira quincena de setembro para CONSTITUÍR
GALIZA POLA REPÚBLICA CUN ÁMBITO GALEGO. Tomamos esta iniciativa despois
da petición de colectivos de toda Galiza que coinciden co noso
manifesto fundacional e as actividades que realizamos
No hay comentarios
Publicar un comentario