
O vindeiro sábado 25 de xaneiro, de 18:00 a 20:00 horas, presentaranse as Marchas Republicanas en Galicia, coincidindo co 75 aniversario da morte de Castelao. O evento terá lugar na Asociación Cultural Alexandre Bóveda da Coruña cidade e contará coa presenza de Nicanor Acosta e Pablo Elorduy.
Esta iniciativa forma parte da segunda Marcha Republicana Estatal, que se celebrará o 15 de xuño de 2025 en Madrid, e busca unir a diversos territorios nunha manifestación conxunta pola República.
Fuente → 21noticias.com
No hay comentarios
Publicar un comentario