
Todos los países tienen su reconocimiento a los héroes y heroínas que lucharon contra las fuerzas ocupantes, antidemocráticas, hordas de asesinos y milicias que persiguieron a las mujeres y hombres que lucharon por los derechos y libertades democráticas.
Héroes y heroínas como los que en Galicia formaron parte de las guerrillas antifranquistas, que pasaron a la clandestinidad, escondiéndose en cuevas situadas en los cerros y montañas, y lucharon contra la dictadura en condiciones de extrema dificultad. Y junto a ella, el barrio que la apoyó.
Toda la sociedad debe avergonzarse de un golpe de Estado -el del 18 de julio de 1936- que violó la libre voluntad del pueblo expresada en las urnas. El franquismo, que basó su supervivencia en la eliminación física y la cruel persecución de toda disidencia política y cultural, debe ser condenado.
Los demócratas tenemos una deuda con la sociedad de hoy y del futuro, porque una verdadera democracia no se construye olvidando a los miles de hombres y mujeres que lucharon, sufrieron la represión y, en muchos casos, incluso pagaron con sus vidas, contra la sangrienta La dictadura franquista, luchando por dejar una Galicia mejor a las generaciones futuras. No podemos, por tanto, permitir por más tiempo la supervivencia de la memoria construida sobre los cimientos del franquismo, el silencio cómplice de la transición española y la postergación de la verdad, la justicia y la reparación.
É hora de que a Galiza recoñeza a labor destas heroínas e heroes que, desde o noso país, pelexaron con este obxectivo. É a nosa intención realizar unha homenaxe a estes colectivos, cuns actos que honren á guerrilla antifranquista, contando co contributo de todas aquelas persoas e colectivos que queiran sumarse a participar deste necesario recoñecemento.
Desde o BNG damos un paso adiante para desenvolver esta homenaxe, poñendo a disposición a nosa estrutura ao longo de toda a nación galega e sendo conscientes de que resulta imprescindíbel recuperar a memoria desta historia de resistencia ao fascismo única en Europa, da que Galiza, e todas as galegas e galegos, podemos sentir orgullo.
Esta é unha homenaxe inclusiva, aberta á participación de todas aquelas persoas e colectivos que compartan o desexo expresado neste manifesto. Queremos que todo o pobo galego, a comezar polas familias das persoas homenaxeadas, participen deste merecido recoñecemento, pola achega realizada á defensa da democracia contra a barbarie, a convivencia contra exclusión e a vida contra da tortura e a morte.
Por todo isto, desde o Bloque Nacionalista Galego impulsamos estes actos de recoñecemento á guerrilla antifranquista na Galiza e, xunto con diversos colectivos e persoas a título individual, por medio deste manifesto expresamos:
- O noso recoñecemento a todas as persoas que fixeron parte da guerrilla antifranquista, tanto como combatentes, como exercendo de enlaces ou dándolles refuxio, xantares ou compaña, como loitadores pola liberdade e merecentes de homenaxe.
- A nosa vontade de fixar na Galiza a data do 27 de setembro de cada ano como Día de Homenaxe Nacional á Guerrilla Antifranquista e á súa Loxística. Nesta data tivo lugar o asasinato do alcalde de Cabanas durante a república, Álvaro Puentes Antón (1940) e os últimos fusilamentos do franquismo (1975).
- A nosa vontade de organizar diferentes actos de tributo e recoñecemento á guerrilla antifranquista na Galiza ao longo do ano 2023 e o chamamento ao conxunto do pobo galego, e á veciñanza de Cabanas en particular, a participar deles e da Homenaxe Nacional á Guerrilla Antifranquista e á súa Loxística, que terá lugar o sábado, 23 de setembro de 2023.
- O convite ao conxunto do pobo galego a amosar o seu apoio ao presente manifesto, mediante a sinatura na web www.bng.gal.
En Cabanas, a 10 de xaneiro de 2023.
GRUPO PROMOTOR:
- FRANCISCO MARTÍNEZ LÓPEZ “QUICO”, militante da Federación de Guerrillas León-Galiza e da II Agrupación do Exercito Guerrilleiro da Galiza. Único membro vivo das guerrillas galegas.
- AFONSO EIRÉ LÓPEZ, xornalista e investigador.
- BEATRIZ PARGA MASSO, familiar de Manolo Bello, militante comunista asasinado no 1946.
- BIEITO IGLESIAS ARAÚXO, escritor e historiador.
- CARLOS MÉIXOME QUINTEIRO, historiador.
- CARLOS NUEVO CAL, cronista oficial de Viveiro e historiador.
- DIONISIO PEREIRA GONZÁLEZ, economista e historiador.
- ELISEO FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, historiador.
- HENRIQUE SANFIZ RAPOSO, xornalista.
- LUPE MARTÍNEZ, historiadora.
- MANUEL PÉREZ LORENZO, historiador.
- MONTSE FAJARDO PÉREZ, escritora.
- ODETTE MARTINEZ-MALER, historiadora.
- XOSÉ ÁLVAREZ CASTRO, historiador
- XOSÉ RAMÓN ERMIDA MEILÁN, investigador.
Fuente → bng.gal
No hay comentarios
Publicar un comentario