As Encrobas, 40 anos despois: "A nosa terra aínda non é nosa"


As Encrobas, 40 anos despois: "A nosa terra aínda non é nosa": O pasado mércores 15 cumpríronse 40 anos da acción máis simbólica e lembrada da revolta das Encrobas contra a mina que alí proxectou e construíu Unión Fenosa. Veciños -e sobre todo veciñas- enfrontáronse con paraugas, sachos e paus á Garda Civil nun dos últimos intentos da empresa Lignitos de Meirama por ocupar forzosamente os terreos dos labregos. Houbo detidos, desmaios e imaxes que converteron aquel episodio nunha icona da rebelión, en plena Transición e con Franco xa falecido. A cámara de Xosé Castro, fotógrafo de La Voz de Galicia, permitiu que a mirada e afouteza daquelas mulleres ficaran para sempre no imaxinario colectivo. Neste domingo, testemuñas daquel día, veciños de antes e de agora e o propio fotoxornalista volveron a esta parroquia de Cerceda. "A terrá e nosa e non de Fenosa", berrábase daquela. "A nosa terra aínda non é nosa", púidose ler nas pancartas de hoxe.
"A terrá e nosa e non de Fenosa", berrábase daquela. "A nosa terra aínda non é nosa", púidose ler nas pancartas de hoxe
Houbo paraugas, sachos, bastóns e paus. E Xosé Castro, Pepucho, volveu inmortalizar os protagonistas, acompañados por grandes reproducións daquelas fotografías icónicas de hai corenta anos. Representantes do mundo político nacionalista e de esquerda, do sindicalismo labrego e do ecoloxismo acompañaron esta Marcha da Memoria, un "acto poético-artístico pero tamén reivindicativo e de lembranza para aqueles que pelexaron". Cantou Xosé Luís Rivas, Mini, falou Manuel Rivas e lembrouse a moitos que non estaban.

Deixáronse fotografías penduradas no valado que agora rodea o que foron varias aldeas dunha parroquia desaparecida. Aquel enfrontamento de hai catro décadas acabara por ser clave para que a empresa abandonase o procedemento expropiatorio aberto e iniciase as negociacións coas persoas afectadas para adquirirlles os seus terreos. E a batalla, xa enfocada a conseguir as mellores condicións e evitar os continuos abusos e afectacións medioambientais, continuou ata hai pouco máis de dez anos...
Seguir leyendo más sobre esta información... Fuente de la noticia →